Deportes
CD Lugo

Corrixir a tempo para non lamentarse despois

A falta de atino, de claridade e o desorde defensivo penalizan ós locais (2-4)

Tete Morente antes de golpealo balón / CD LUGO

Lugo

O CD Lugo caen (2-4) ante á AD Alcorcón nun partido con máis sombras que luces para os de Eloy Jiménez, nunha tarde na que se confirma a volta de Josete Malagón ás filas amuralladas.

Os albivermellos chegaban a esta terceira xornada dispostos a coñecer o sabor dos tres puntos da Liga Smart Bank. Pero non puido ser. A suma da falta de atino, pouca claridade e desorde, principalmente, defensivo tiveron coma resultado a primeira derrota dos albivermellos na casa por 2-4.

Os locais saltaban ó verde con fame de victoria. Amenazaban Tete Morente, Manu Barreiro e, sobretodo, o canario Cristian Herrera. O Lugo comezaba perdonando un pase perfecto ó punto de penalti de Lebedenko que Barreiro non empuxaba con forza suficiente, deixando esta oportunidade nunha primeira amenaza. No minuto 9, tras un córner a favor de los visitantes, Boateng golpea de cabeza un balón que José Carlos quita das máns a Alberto Varo para facer o 0-1.

Tras a diferencia no electrónico, o desorde invadía ás filas amuralladas e as imprecisións convertíanse nunha nova amenaza dos de Fran Fernández. Estivo en botas de Ernesto o segundo que, nun man a man co gardameta local, Varp despexaba metendo o pe. Tentou tamén a sorte Miakushko e de tanto chamala, tras unha incomprenisble pérdida no medio do campo de Grau, Boateng recupera a posesión, coloca un balón en largo para Romera e este asina o segundo para o conxunto visitante.

Lonxe de virse abaixo, o equipo tiraba de orgullo par antepoñerse á situación, o Anxo Carro animaba e, no minuto 45, Herrera aproveitaba o rechace de Jiménez tras un córner e fai pensar que a remontada estaba máis preto. Os galegos retirábanse ó túnel de vestiario tras asinar os seus tres minutos máis intensos de partido. Chegadas, oportunidades e presión na área do Alcorcón que puco durou.

Bastaron cinco minutos trala reanudación do encontro para que Jaume Grau provocase un penalti sobre Boateng que Stoichkov fixo bo. Rapidamente Herrera resposataba,  de novo sacaba rendabilidade o rechace do gardamallas visitante e sumaba o 2-3 no luminoso. O empate afastábase cando, chegado o minuto 80, Sandaza, que saía ó campo entre silvidos, andivo fino na saída de Varo da portería e, tras superala presion de Campabdal, disparaba a porta.

Co 2-4 á beira do Río Miño, ó CD Lugo quédanlle deberes por facer, sobre todo no senso defensivo. E como di o dito, "mellor corrixir a tempo que non lamentarse despois". 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00