Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Corcubión

Medio Ambiente investirá 100.000 euros en actualizar o plan do casco histórico

Concello de Corcubión

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará un total de 100.000 euros para acometer a revisión do Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico (PEPOCH) de Corcubión, que en 1991 foi o primeiro concello galego en dotarse dun instrumento deste tipo.

Así figura no convenio de colaboración asinado esta mañá entre a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Manuel Ínsua, en virtude do cal o departamento autonómico comprométese a asumir o 100% do custo dos traballos de revisión e actualización do Pepoch, un paso que o concello estaba obrigado a dar tras a aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016.

O obxectivo acordado é que o novo plan poida ser aprobado en 2022. Ademais, a conselleira destacou á nova liña de subvencións posta en marcha este ano para apoiar aos mozos galegos na compra de vivendas localizadas en centros históricos. Esta axuda, lembrou, será aplicable tamén no Concello de Corcubión, onde os interesados en adquirir un inmoble destas características terán de prazo ata o 31 de outubro para optar a este programa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00