Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Carballo

Carme Pomar visita O Fogar e recalca que as clases comezarán o día previsto

Consellería de Educación

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou Carballo para comprobar o avance das obras de rehabilitación integral do CEIP Fogar (Carballo), unha actuación na que o seu departamento inviste 1.430.197,64 euros.

As obras, que comezaron a mediados de xullo, levan un retraso importante con respecto ao cronograma establecido. Por iso, a maioría dos pais e nais, e resto dos colectivos involucrados recalcaron nas últimas semanas ao concello a súa preocupación pola posible non apertura a tempo da escola.

Pero a Conselleira, despois de reunirse cos responsables do centro, e co alcalde de Carballo, quixo facer unha chamada á tranquilidade e destacou que o curso comezará, como estaba previsto, o mércores 11. Eso sí, o fará con algúns traballos sen rematar, polo que a obra continuará en horarios non lectivos durante uns meses máis.

Ao ser o colexio con máis alumnos de toda a bisbarra, a situación afectaría a máis de 600 familias, polo que o goberno entendeu a necesidade de que a escolaabra as súas portas no día previsto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00