Sociedad

Unha "Welcome Party" para os universitarios de Pontevedra

O Campus de Pontevedra dalle a benvida aos novos alumnos cunha xornada de información amenizada con música, xeados e ata un monoplaza de Fórmula Student

Cadena SER

Pontevedra

O vindeiro luns comeza un novo curso académico no Campus de Pontevedra que xa está preparado para acoller aos alumnos e alumnas que cursarán os distintos Graos. Como sinalou o Vicereitor Jorge Soto en declaracións a Radio Pontevedra, algunhas facultades xa completaron as súas prazas na primeira convocatoria, sendo en xeral un bo ano de matriculacións. Un síntoma máis da calidade educativa do Campus.

Un dos buques insignia do Campus de Pontevedra é a Facultade de Enxeñaría Forestal, que vai recuperando a súa demanda de prazas por parte do alumnado despois de varios anos de descenso. Este incremento, segundo indicóu Soto, é froito dun amplo traballo de captación de alumnos e entablando sinerxias coa facultade de Enxeñaría de Montes de Lugo.

Para darlle a benvida aos novos estudiantes, a UVigo organiza unhas xornadas informativas en cada Campus a modo de "Welcome Party". Onte en Ourense, hoxe en Pontevedra e mañá en Vigo. A intención e facilitar toda a información necesaria de cada campus, así como as axudas ás que teñen dereito os alumnos ou actividades culturais nas que poden participar en conxunto coa información de utilidade da propia cidade. Estas xornadas inclúen carpas informativas, música, agasallos e incluso xeados gratis para facer máis amena a "volta ao cole"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00