O PP califica as mobilizacións como un acto político para atacar á Xunta
A punto de iniciarse o calendario de mobilizacións convocado polo Comité de Empresa de Ferroatlántica para que a Xunta esixa un plan de viabilidade aos novos propietarios, o voceiro ceense do PP, Antonio Domínguez, atendeu aos micrófonos da Cadena SER.
Mentres que os traballadores apuntan que o ente autonómico non actuou como debería, Domínguez recalcou que so se trata dunha parte dos traballadores, xa que non é o total do Comité , o que decidiu comezar estas mobilizacións.
"Gran parte do Comité que agora encabeza as mobilizacións, salía encantado despois das reunións co concelleiro de industria, pero agora queren facer as concentracións porque igual as queren manter ata o ano que ven, que son as eleccións", destacou o voceiro popular, que tratou toda esta denuncia social como "puro folclore" para intentar desgastar á. Xunta de Galicia
"A empresa de agora ofrece moitas máis garantías, polo que os traballadores non perderon ningún dereito", adveritu ao mesmo tempo que remarcaba á mellor situación na que se encontra agora a empresa en comparación cos últimos meses.
Apuntou tamén directamente aos que el cree como creadores de todo este tema: "Os que iniciaron todo foi a CIG e o BNG, que lles interesa estar nos medios ata as eleccións".