Óscar Salgado comparte título no Open Internacional de Valencia
O xadrecista ourensán, Óscar Salgado, volveu aos taboleiros tras unha longa paréntese, fíxoo con éxito, no Open Internacional ´´ EDAPA´´ disputado en Valencia
Ourense
Óscar Salgado, viña de participar como ´´ reserva de luxo´´ no primeiro equipo do Club Xadrez Ourense que acaba de lograr o bronce na liga da 1ª División finalizada en Linares (Jaén) o pasado día 1 de setembro, reencontrábase co Xadrez de competición e finalizou no segundo posto neste Open Internacional disputado en Valencia.
O maior da saga dos Salgado López, rematou con 6.5 puntos dos 7 posibles, empatado co vencedor, o valenciano Pablo Aymerich, e superando a complicados rivais como o Mestre Fide Colombiano Alexander Riasco, ou o Peruano Edmundo León, entre outros.