Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad
Corredurías Sueiro

A contratación dun seguro de saúde personaliza á atención e axiliza o proceso

Espazo Sueiro Correduría (04/09/2019)

Espazo Sueiro Correduría (04/09/2019)

05:20

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1568291526_290204/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Unha atención sanitaria completa e efectiva no momento que máis a precisamos preocupa cada vez máis ás persoas que queren protexer o seu benestar e o da súa familia. O principal motivo para contratar un seguro de saúde é a prevención, porque cando aínda non presentamos ningunha patoloxía é cando debemos pensar en contratalo.

O acceso a consultas, as probas diagnósticas, as urxencias, os resultados das probas médicas e todos os procesos administrativos na sanidade pública pode supoñer grandes tempos de espera que, nalgúns casos, poden ser prexudiciais para a saúde dos pacientes. Estes son outros dos motivos que inflúen, cada vez mais, na contratación dun seguro de saúde a través dun asesoramento previo que adapte as coberturas ás peculiaridades de cada persoa.

Entre as principais vantaxes da contratación dun seguro de saúde está a rapidez na execución dos tratamentos e probas diagnósticas, a eliminación e redución de listas de espera, a libre elección de especialistas e a intimidade para o enfermo e a súa familia.

Por qué facelo a través dunha correduría especializada?

Porque traballan cas compañías mais importantes do mercado e non teñen prioridade por ningunha en particular. Ademais, adaptan o seguro ás necesidades de cada cliente, dándolle prioridade a súa situación. Pola súa especialización poden ofrecer un servizo personalizado e un asesoramento con transparencia para escoller a mellor opción.

Para rematar, como aconsella Marta Abeledo, responsable da Correduría Sueiro na súa entrevista, si xa se ten unha póliza de saúde contratada, no caso de ter un fillo, este débese incluír na póliza no primeiro mes da súa vida.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00