Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 19 de Octubre de 2019

Otras localidades

Contenido patrocinado

As vantaxes á hora de elixir unha correduría para facer un seguro de vida

A contratación dun seguro de vida faise para garantir a tranquilidade do asegurado no caso unha invalidez, e a da familia no caso de falecemento. Débese facer por prevención cando aínda non se presenta ningunha patoloxía con un axeitado asesoramento previo para adaptarse ás peculiaridades do cliente.

As razóns mais comúns para a súa contratación son as hipotecas e préstamos, a invalidez por accidentes ou enfermidades graves. E no caso de ser empresa, para garantir a supervivencia do negocio no mercado.

É moi importante a contratación do seguro de vida nunha correduría especializada porque traballan cas compañías máis importantes do mercado e non ten prioridade por ningunha en particular. Adaptanse as necesidades de cada cliente, dándolle prioridade a súa situación e ofrecendo un servizo personalizado e un asesoramento para escoller a mellor opción. Facer un seguro de vida nun banco onde só teñen en conta o seu propio interese, só é un remendo, non é a solución axeitada.

Como peculiaridade, cabe destacar a cantidade de pólizas na que as corredurías advirten que só teñen contratada a garantía de falecemento. Principalmente, todas elas proveñen do sector da banca, xa que é o único motivo polo que mostran interese para garantir a amortización da hipoteca, ou préstamo, sen incluír a invalidez.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?