Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Aprobada por unanimidade a moción para un servizo de pediatría digno

Concello de Zas

O Concello de Zas vén de acordar, mediante o pleno celebrado este xoves, unha moción pedindo ao Sergas, un servizo de pediatría digno para a localidade.  A solicitude contempla a volta das 35 horas semanais de atención pediatra e a cobertura de baixas de todo tipo. O asunto foi aprobado por unanimidade.

Da mesma forma foi tamén aprobado o outro dos temas principais que se levaban a debate, a urbanización da plaza de Baio. Finalmente, tamén quedou aprobado un proxecto que custará, en total, 384.236'14 €. O concello investirá 101.097'11 € e a Deputación provincial encargarase do resto.

Ademais, o goberno que rixe Lolo Muíño deberá crear un Plan Económico Financiero despois de incumplir o réxime de gastos nos orzamentos do 2018. Algo que o alcalde non entende. "Non significa que gastasemos máis do que temos, é simplemente que gastamos máis que o ano anterior, pero tamén temos máis", declarou en Nordés Hora 14.

Se oficializaron tamén os festivos do ano 2020 que serán o venres 10 de xullo (San Cristóbal), e o xoves 16 do mesmo mes (Virxe do Carmen).

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir