Deportes
AUTOMOVILISMO

143 participantes daranse cita na oitava edición do rallye Ourense-Lugo Ribeira Sacra

A Deputación de Ourense colabora con esta proba automobilística que se disputará os días 20 e 21 de setembro

O percorrido deste ano é de 367 quilómetros, dos cales 98 quilómetros corresponden a dez treitos cronometrados por estradas asfaltadas / Escuedría Ribeira Sacra

O percorrido deste ano é de 367 quilómetros, dos cales 98 quilómetros corresponden a dez treitos cronometrados por estradas asfaltadas

Ourense

A oitava edición do Rallye Ourense- Lugo Ribeira Sacra, que por primera vez pasará por Lugo, reunirá a 143 participantes que disputarán esta proba automobilística que conta cun percorrido de 367 quilómetros e que se celebrará os días 20 e 21 de setembro.

A proba discorrerá polos municipios de Ourense, Nogueira de Ramuín e Sober, este último pertenecente á provincia de Lugo, o que supón unha novidade nesta proba. O percorrido deste ano é de 367 quilómetros, dos cales 98 quilómetros corresponden a dez treitos cronometrados por estradas asfaltadas que estarán pechadas ao tráfico.

A proba estará dividida en dúas etapas e en catro seccións. O parque pechado  e o parque de traballo estarán situados en Luintra, así como a Dirección de Carreira.

En canto ao desenvolvemento da proba, o venres, 20 de setembro, será o treito Castro de Beiro cun percorrido de 5, 12 quilómetros, a partir das 19:00 horas.

Ao día seguinte, será a quenda para os treitos San Miguel-Luintra( 10 quilómetros), Canabal-Sober(9,66 quilómetros), Almorfe-Luintra(11,45 quilómetros).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00