Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Costa da Morte

Marcote aposta por un ente común que coordine diversos museos marítimos

Concello de Camariñas

O rescate, hai uns días, de tres canóns do século XVI en Camariñas volveu a abrir o debate sobre qué deben facer os concellos da zona para que os tesouros atopados aquí poidan quedar na bisbarra e non ser transportados ao Museo do Mar, en Vigo.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua foi a primeira en reivindicar que se debe crear un museo que alonxe estes tesouros na Costa da Morte, pero o alcalde de Fisterra, José Marcote foi un paso máis aló. O rexidor fisterrán entende que non vai a haber forma de poñerse de acordo acerca da sede fixa donde se instalaría o museo, polo que aposta pola dispersidade.

A súa idea pasa por crear diversos espazos museísticos en varias localidades da bisbarra, pero que estén xestionadas por un ente común que se cree específicamente para iso. "O espazo físico dese ente común seguro que non crea tantas discusións e marcaría as directrices a seguir polos pequenos museos de Fisterra, Camariñas, Corcubión, Carnota...", explica.

Por agora non é máis que unha idea, pero parece evidente que o da perda dos tesouros sub acuáticos é algo que os novos gobernos da Costa da Morte teñen a obriga de solucionar. Porque, como apunta Marcote, que tamén foi profesor de náutica, "é a zona do globo terráqueo onde máis patrimonio submarino existe".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00