Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Laxe

Portos asina o contrato para a dragaxe do peirao, que se espera para o verán 2020

Concello de Laxe

Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, vén de asinar o contrato das obras para a dragaxe do porto de Laxe, polo que a empresa adxudicataria iniciará proximamente os traballos preliminares e preparatorios para a execución desta actuación. O obxectivo do proxecto, que conta cos preceptivos informes técnicos e ambientais, é dar resposta ás demandas dos profesionais desta localidade e mellorar a operatividade e a seguridade do peirao.

O alcalde, Jose Luis Pérez é consciente de que as embarcacións locais teñen que fuxir para outros portos cando hai temporal e por iso cree que é un máis que necesario proxecto para a súa vila, "Así redúcese o risco de que os barcos sufran danos cando hai moita corrente", recalcou.

A obra, que conta cun orzamento de arredor de tres millóns de euros, pretende contrarrestar os riscos que teñen para a seguridade das embarcacións os efectos asociados ás ondas longas no porto. A dragaxe da dársena terá cinco metros de calado, o suficiente para o fondeo seguro dos barcos en determinadas condicións de fortes variacións do nivel da auga dentro do peirao.

Entre as actuacións incluídas no proxecto está ademais a instalación dun novo radar no peirao para a toma de datos de ondada, dado que o anterior equipo de medida está avariado. O rexidor espera que os traballos comecen na primavera e estén rematados para o verán de 2020, aínda que é consciente de que todo dependerá das condicións meteorolóxicas e do posible impacto ambiental.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00