Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 15 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Valentín Alvite gaña o Raína Lupa con "Antía e Daren e os pequenos detectives"

O xurado da XII edición do Premio Raína Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil /

O escritor Valentín Alvite (Cures-Cereixo-Vimianzo, 1959) procalamouse gañador da XII edición do Premio Raína Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, coa novela "Antía e Daren e os pequenos detectives"

Un xurado composto por Montse Pena Presas, Antonio Manuel Fraga, Xosé Cobas e a gañadora e finalista da edición anterior, An Alfaya e Xosé de Cea, presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, escolleu por unanimidade a novela do escritor vimiancés. O premio, dotado con 6.500 euros, é debido ao excelente traballo de Valentín para compaxinar o xénero da novela co humor. "Destaca a orixinalidade da historia que sae das liñas habituais da literatura infantil máis recente e se suma á retranca e un desbordante humor cun léxico moi coidado e unha prosa moi áxil" recalcan dende o xurado.

Valentín Alvite Gándara, Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, xa triunfara grazas ao humor na súa extensa traxectoria literaria. Entre o seus recoñecementos destacan a victoria en 2005 no “III Certame de Microrrelatos ‘Lonxa Literaria’” (Moaña) con “Batea” e en 2009 no “VIII Certame Relato de Aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’” (Noia) polo relato “O hotel”. A súa primeira obra publicada foi Don Nuno e outros relatos humorísticos, con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín e no 2017 saiu do prelo o libro Relatos para sorrir, as dúas publicadas en autoedición.


Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?