A 7ª Marcha ciclista unificada Special Olympics une deporte e integración social
O evento, co que colabora a Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro 3 de outubro en Baños de Molgas

Quero gañar pero se non podo, deixarme ser valente no intento / Deputación de Ourense

Ourense
A 7ª Marcha ciclista unificada Special Olympics, que une deporte e integración social terá lugar o vindeiro 3 de outubro en Baños de Molgas, unha proba cicloturista para persoas con s sen discapacidade intelectual que terá nos días seguientes a celebración das outras etapas en A Pobra de San Xiao(Lugo), Santiago e Vilagarcía de Arousa.
A Deputación de Ourense apoia este evento, destacou Bernardino González, ´´ estando sempre ao carón de iniciativas que, como esta, caracterízase pola súa excelente labor social no ámbito da inclusión das persoas con discapacidade´´, e agradeceu o traballo que realizan todos os colectivos implicados. Na mesma liña, o alcalde de Baños de Molgas salientou ´´ a ilusión con que colaboramos con este proxecto, recoñecendo aos participantes e organizadores o esforzo e a superación que amosan nesta xornada e ao longo de todo o ano co seu labor integrador´´.