Jueves, 01 de Octubre de 2020

Otras localidades

Eu nunca...

...inventei refráns

Hoxe quero falarlles desa fonte de sabedoría popular, o Luar? non, Os ditos e refráns. Aquí uns exemplos: "Quen calar non sabe, falar non debe", "A conciencia vai coa conveniencia", "Mexan por nós e temos que dicir que chove" que dicía Castelao ou, "e logo ti mañá non traballas, Gayoso?".

Pero temos algúns ditos que un se queda un pouco igual: "A vaca que non come cando os bois, ou comeu antes ou come despois". Claro, e que é unha cuestión espazo-temporal, se non come canda eles, ou o fixo antes, ou despois ou é a vaca de Shrodinger. Este é desa categoría de que con tal de rimar... e se non, "Ao feito, peito"

Nalgún caso están un pouco desactualizados e hai que pegarlles unha volta. Por exemplo o de "Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale" agora podería ser "Amiguiños si, pero paga o que me debes do Netflix".

Hai outros que agora cobran outro sentido: "Xente nova, leña verde, todo é fume", que agora a xente nova anda co dos vapeadores e si, moito fume.

E directamente hai veces que non teñen sentido así que tráiovos as versións lóxicas de refráns que non teñen sentido por exemplo "Burro grande, ande ou non ande". Que é iso? "Burro Grande, cortello amplo", "A todo porquiño lle chega a hora de lavarse", "A cabalo dado, pide tique", "Na casa do ferreiro, non vaias con imáns", "O que non chora, ten problemas cas glándulas lacrimais" ou "Un home é un home, un gato é un bicho, e unha muller estará até as narices deste refrán".

En fin, como di o dito "Marcho, que teño que marchar".

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?