Un de cada 4 alumnos de secundaria carece de competencias en galego
Así o reflicte un informe do Instituto Galego de Estatística
A Coruña
Un de cada catro estudantes de Educación Secundaria en Galicia non ten competencias en lingua galega, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística. Así o sinalou esta mañá a Mesa pola Normalización Lingüística, que desde 2007 impulsa o programa ' Liña do Galego' para xestionar as queixas e suxerencias dos falantes.
A Mesa pola Normalización critica carencias lingüísticas na administración. O pasado ano chegou a rexistrar a través da ' Liña do Galego' unhas 400 consultas, na súa gran maioría queixas. Unha das máis repetidas é a falta de documentación en galego na administración pública e especialmente na autonómica.
Marcos Maceiras, Presidente de la Mesa pola Normalización Lingüística
00:23
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1568208357_630678/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Mesa pola Normalización rexistrou queixas por falta de impresos en galego en organismos como o SERGAS ou a Seguridade Social. O número de consultas rexistradas por teléfono, web e aplicación móbil no programa ' Liña do Galego' creceu de maneira sostida desde que comezou a súa actividade. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña.