Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 19 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Trece días despois, os veciños de Corme volven a ter auga potable

A Consellería de Sanidade pechou, este mediodía, a situación de alerta e levantou a restrición do consumo de auga da traída municipal de Corme-Porto, no concello de Ponteceso. O departamento sanitario recibiu esta mañá as analíticas, do Laboratorio de Saúde Pública da Xunta e da empresa xestora do abastecemento, con resultados coincidentes que acreditan a non contaminación microbiolóxica nin por norovirus (axente causal do abrocho de gastroenterite). Por iso, se considera que a inxesta da auga da devandita traída cumpre cos requisitos esixidos que garanten a súa potabilidade e o seu consumo.

A vista dos resultados das analíticas, o equipo do abrocho de gastroenterite procedeu ao peche da situación de alerta e comunicou ao Concello, o levantamento da restrición de consumo da agua do abastecemento municipal en Corme, sempre que se manteñan as condicións actuais do abastecemento e dos autocontrois da traída.

Tamén foron favorables as medidas correctoras realizadas pola empresa xestora responsable do servizo de abastecemento. As mostras de auga foron tomadas pola devandita empresa nos mesmos puntos onde se atoparan importantes niveis de contaminación fecal.

Así, remata unha crise na que durante trece días, os centros sanitarios tiveron que atender preto de cen infectados polo virus estomacal. O que non conclúe é o debate político para atopar responsabilidades, xa que dende o PP e APIN, seguen pedindo un pleno extraordinario e a dimisión do alcalde.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?