A RFGF convoca unhas xornadas de traballo cos delegados dos equipos en todas as sedes federativas de Galicia
Estas xornadas de traballo levaranse a cabo nas delegacións da Real Federación Galega de Fútbol agás na cidade de Ourense, onde por poblemas de espazo terá lugar na Casa de Chocolate
Ourense
Cuestións relacionadas coas actas arbitrais, a tipoloxía e funcións propias dos delegados, o proceder tanto no pre partido como durante o desenvolvemento do mesmo e otros asuntos de interese son os eixos sobre os que transcorrerán as reunións cos delegados dos distintos clubs de Galicia que pon en marcha a Real Federación Galega de Fútbol en todas as delegacións federativas de Galicia.
Deste xeito, a entidade que preside Rafael Louzán quere destacar a figura do delegado, unha persoa capital e imprescindible en todos los equipos, posto que é o nexo entre adestrador, xogadores e árbitros. O delegado representa ao club dentro e fóra del, polo que sempre vela polo bo comportamento de todo o colectivo, tanto no club, en instalacións deportivas, vestiarios propios e de clubs alleos.
Cómpre salientar que nestas xornadas de traballo tamén participarán os árbitros da delegacións en cuestión.
Estas xornadas de traballo levaranse a cabo nas delegacións da RFGF, agás en Ourense, onde por problema de espazo terá lugar na Casa de Chocolate da Xunta de Galicia.
As datas de celebración destas xuntanzas de traballo con delegados dos clubs son as seguientes:
Luns día 7 de outubro-Ourense.
Martes día 8 de outubro- Costa da Morte(Baio).
Xoves 10 de outubro-Santiago de Compostela.
Luns día 14 de Outubro- Lugo.
Xoves día 17 de outubro- A Coruña.
Martes día 29 de outubro- Vigo.
Mércores día 30 de outubro-Pontevedra.