Novo selo de identidade para o Muralla
O equipo senior busca rematar esta tempada cun estilo de xogo "dinámico e divertivo"

O Muralla Rugby ó completo / Carlos Maira

Lugo
Camiñannte non hai camiño, faise camiño ó andar. E se non que llo digan ó Muralla Rugby club. O equipo lucense abre unha nova etapa esta tempada con renovación de directiva e corpo técnico. Por iso, Javi Dovale, director técnico e adestrador do primiero equipo, reflexiona sobre o seu obxetivo:"Quero que o quipo teña un xogo máis dinámico e máis divertido á vez".
Novo estilo e nova metodoloxía."Non é doado querer cambiar un estilo de xogo, pero imos polo bo camiño", recoñece cheo de ledicia. O equipo empápase das novas directrices, e por iso, o obxetivo a curto prazo para o adestrador non é outro que ir acadando as metas xornada tras xornada. Ó máis estilo Simeone. "Eu quédome con que semana tars semana vaian saindo as metas que nos propoñamos para cada partido".
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarEn termos xerais, Dovale subliña a boa acollida que este ano está a ter o rugby entre os e as lucenses. O Muralla quere fidelizar ós veciños da cidade amurallada cun deporte que estivo ben arraigado, agora grazas o traballo ca base coseguen novas metas.
Esoita a entrevista compeleta!
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




