Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

...fun por unha autoestrada do mar

A Coruña

Pois resulta que, seguindo os pasos de Vigo, A Coruña estaría estudando a implantación dun Ferri con Inglaterra e Irlanda con fins turísticos e comerciais, é o que se lle chama unha autoestrada do mar.

Pois eu nunca fun nunha autopista do mar. Que iso das autoestradas do mar como vai? Quero dicir, se é unha autoestrada habería áreas de servizo? Eu que sei, para parar e botar unhas brazadas, para tomar un pouco de auga (salgada).

Nunha autoestrada do mar habería peaxes? Se as houbera de seguro que sería máis doado esquivalas, sobre todo indo en submarino. Que falando de submarino, seguro que en vez de multar desde un helicóptero, faríano desde un submarino para que non se dese conta a xente, ou se non desde radares boia.

E en vez de ter risco de que se cruce un xabarín pola autoestrada pois poderían cruzarse congrios, leóns de mar, cabalos de mar, ollomois de mar... agás os golfiños, os golfiños son moi intelixentes e xa saberían que non hai que cruzar pola autoestrada non vaia ser que os choque Feijóo.

E ao sair da autoestrada habería rotondas? Imaxino que sería un remuiño, xa se sabe, remuiños, as rotondas do mar.

Do único do que estou seguro de todo é que no mar non habería dobre fila.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir