Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Laracha

Os colexios impartirán obradoiros de educación sobre a igualdade de xénero

CONCELLO DE A LARACHA

A mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino reuniuse no Salón de Plenos do Concello da Laracha, nunha xuntanza copresidida pola concelleira da Muller, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao. Tamén estiveron presentes o comandante  da Garda Civil da Laracha, a médico-coordinador e a pediatra do centro de saúde, o director do CEIP de Caión e as directoras e orientadoras dos colexios da Laracha (CEIP Otero Pedrayo) e Paiosaco (CEIP Alfredo Brañas) e do IES Agra de Leborís.

O asunto principal da reunión foi consensuar os diferentes programas de prevención que sobre esta materia se desenvolverán durante o curso escolar 2019-2020 nos centros de ensino baixo a coordinación do CIM.

Así, tanto o IES Agra de Leborís (a totalidade do alumnado), como os CEIPs da Laracha, Paiosaco e Caión (estudantes de 5º e 6º de primaria) participará en obradoiros sobre educación para a igualdade centrados especificamente en temáticas afectivo sexuais adaptadas a cada grupo de idade.

Ademais, tratáronse tamén os contidos da programación municipal que se levarán a cabo no próximo mes en torno ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se conmemora o 25 de novembro.

Por outra banda, na xuntanza reforzáronse os mecanismos de coordinación entre os profesionais representados nesta mesa no caso de detectarse situacións relacionadas coa violencia de xénero. A próxima reunión para os sectores de sanidade e ensino quedou fixada para o vindeiro día 16 de xaneiro, mentres que a mesa de coordinación policial sobre este asunto será o martes 15 de outubro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00