Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 22 de Octubre de 2019

Otras localidades

Mosquera recoñece o erro na Ronda Leste

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, recoñece que a ausencia de pasos de peóns na recén inaugurada Ronda Leste se trata dun erro. Argumenta que desde que se iniciou estre proxecto hai máis de sete anos, houbo moitos cambios e pasou polas mans de moitos técnicos e, sen saber ben en que momento, o proxecto quedou sen estes sistemas de seguridade vial. Mosquera pide disculpas e anuncia que se solucionará de inmediato e que a semana que ven se fará, polo momento, un paso de peóns como reivindicaron os vecinos afectados.

A Ronda leva un día operativa e xa se detectaron nela excesos de velocidade en case o dobre do permitido. Recordamos que esta vía está limitada a 30 km/h. Os técnicos da Deputación están estudiando se é necesario establecer medidas de reducción de velocidade para aplicalas nos vindeiros meses.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?