Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A 'revolución eléctrica' comeza a asentarse na Costa da Morte

CONCELLO DE A LARACHA

O Concello da Laracha contará con tres estacións de recarga de vehículos eléctricos despois do acordo adoptado polo alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, co Grupo HL Enerxía na xuntanza mantida coa directora da empresa eléctrica –Eva Martínez Cestafe-, o director técnico –Juan Arijón- e o adxunto á dirección técnica –Roberto Díaz-.

Os lugares nos que se instalarán os novos equipamentos son puntos estratéxicos ao situarse no casco urbano da Laracha (praza Olonne sur Mer, xunto ao IES Agra de Leborís), o campo da feira de Paiosaco (a carón da Avenida Bergantiños) e o polígono industrial (fronte o viveiro de empresas).

As estacións serán postes de recarga exterior de 22 quilovatios (kW) deseñados para resistir as condicións ambientais. Cada un deles disporá de dous conectores, polo que poderá darse servizo simultaneamente a seis vehículos entre as tres localizacións.

Así, o Concello da Laracha e o Grupo HL Enerxía actúan para dar resposta á realidade actual na que cada vez máis veciños e visitantes optan polo emprego de vehículos híbridos ou eléctricos, ao mesmo tempo que reforzan a súa aposta polo emprego das enerxía limpas, a redución de emisións de carbono á atmosfera e a diminución da contaminación acústica.

Así, na bisbarra contaremos agora con puntos de carga para vehículos eléctricos en catro concellos: A Laracha, Carballo, Coristanco e Fisterra.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir