Un vermú na estación da Portela: 120 anos da chegada do tren a Barro
A chegada do tren a Barro marcou xeneracións, fogares e familias. Foi un medio de vida para os guardeses e testemuña de xóvenes parexas que se namoraron. Así foi como dende 1899, o tren pasou a ser, sen darse conta, a banda sonora de cada día

Barro
Nesta edición de Vermú con SER collemos o tren e paramos en Barro para tomar un Vermú na cantina de A Portela. Lembren que este concello limita ó norte con Portas, ó sur con Poio e Pontevedra. Moraña está no este e Meis no oeste. Saiban que a unión con Vilagarcía e Santiago polas vías do tren, chegou en 1899 co trazado Carril-Pontevedra. Foi toda unha revolución por moitos motivos.
A chegada do tren a un concello como Barro marcou xeneracións, fogares e familias. O tren foi un medio de vida para os guardeses de Parranda. Tamén testemuña de xóvenes parexas que se namoraron e afincaron a súa familia no concello.. Así foi como dende 1899 no concello de Barro o tren, sen darse conta, pasou a ser a banda sonora de cada día.
Señores viaxeiros…poñemos en marcha a máquina do tempo coa chegada do tren ó concello de Barro con José Seijo, presidente da Asociación Cultural Barosa e Amigos da Portela; Sofía Solla Rubial, neta dos “guardeses” coñecidos como “Os de Parranda" e María Outón Fernández, coñecida como “Maruja”, bisneta dun traballador que participou na construcción da vía do tren e acabou casando en Barro.
O que Sofía non chegou a contar é que, sendo unha nena, con 12-14 anos, camiñaba á par das vías coa máquina de coser enriba da cabeza. Cosía nas casas por cinco pesetas e a comida. A vía do tren era o mellor atallo dende a súa casa. Voltaba sen luz, có asubío das ramas das árbores nas noites de inverno.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarMaruja, de rapaza, unha noite de lúa chea camiñando pola beira da vía co seu irmán, topouse co lobo de frente. Cando o seu irmán a avisou parado no camiño, o seu medo medrou tanto que ela o que viu foi unha vaca.
José Sofía e Maruja, ainda tiveron tempo de nos contar fora de antena, que a casa dos Cancela tremía cada vez que pasaba o tren. Unha das tres rapazas dos seis fillos que eran, enfermou de escarlinata púxose maliña. Tanto…que por orde do médico o tren non pitou mentres ela non se recuperara. Deixaba de pitar na Portela e non voltaba a facelo ate pasar a casa dos Cancela. A rapaza, Benigna, curou.

Obreros e veciños sacando neve das vias na portela / Cadena Ser

Obreros e veciños sacando neve das vias na portela / Cadena Ser




