Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

...fun sustituído por unha máquina

A Coruña

Falábase hai uns días na sección de dereito dixital do Hoy por Hoy A Coruña sobre o xulgado das Palmas de Gran Canaria que declarou como improcedente o despido dunha empregada que foi sustituída por un robot. Neste caso a aplicación informática traballaba o resto de horas que non o facía a empregada, isto é de tarde até a madrugada durante semana e as 24 horas na fin de semana; até que finalmente na empresa dixeron que ala, a máquina todo o rato.

É que as máquinas teñen esa mala costume de non descansar, (estúpidos humanos), non paran a fumar, non van ao baño, non paran a por un café (agás as máquinas de café). O único humano que pode aguantar unha xornada tal é Antonio García Ferreras, antes fastidiaríase o robot, xa saben, o da obsolescencia programada e tal.

Que o das máquinas habería que darlle unha volta, que nalgúns casos si que nos vendrían ben. Por exemplo, políticos robot, igual para mítins non motivarían moito pero para chegar a pactos, malo será que con algoritmos non chegaran a acordos. A cousa sería, quen faría esas máquinas?

Se usasen máquinas para sustituirme a min igual o ton de voz sería máis agradable, pero non sei se habería algoritmo para asimilar a retranca galega.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir