Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 20 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Albivermello, o sufrimento ven co abono

Peybernes fai posible que o CD Lugo se reencontre ca vitoria ( 3-2)

O vestiario albivemello celebra a vitoria /

Isto é Lugo, e aquí hai que sufrir. Non se pode ter un partido tranquilo no Anxo Carro, porque se non, non sería o CD Lugo. Tras 90 minutos nos que reinou a variedade, os de Eloy Jiménez volven sorrir. A muralla das beiras do Río Miño queda derrubada.

Trade gris. Tarde triste para recibir sobre o verde ó Huesca. Pero, xa saben, ó mal tempo boa cara. E seguindo o pé da letra esta letanía, os albivermellos abrion luz neste oscuro sábado. Facíao no minuto nove de partido José Carlos que, tras varios rechaces na área pequena, empalaba o coiro para adiantar ós seus no marcador.

O tanto soprendía ó Huesca que, seguramente, non contaba sufrir tanto no seu particular "teatro de los sueños".  Próximos ó descanso, os de Michel atopábanse completamente anulados por un CD Lugo que desta volta si, desta volta daba a cara. Poñía a guinda do pastel Herrera. O canario rendabilizaba un penalti risorio sobre Peyberns. "La verdad es que casi parece de broma, pero dentro del área me tira  ( Josué Sá ,xogador don Huesca) y al final resultó positivo para nosotros", aseguraba entre risas o galo.

Coa muralla construída no primiero tempo (2-0) se retiraban os guerreiros lucenses ó vestiario. Marchaban co medo no corpo por un tanto anulado ó conxunto visitante no derradeiro minuto. Pero no Anxo Carro un 2-0 pode da-la volta en calquera intre, e por iso dende as gradas, non se celebraba moi alto.

Os locais vísornse entre as cordas cando, nada máis retomalo xogo, vían como Yanis era expulsado por dobre cartón amarelo. E aí tremeron as pernas de todo o estadio. Animando tímidamente ó seu equipo vían como de dous zarpazos o 2-0 convertíase en 2-2. Mais o karma existe.

A vitoria era merecida, o CD Lugo pelexaba e no momento máis oportuno chegaba a expusión a Josué Sá, o que devolvía a igualdade numérica ó Anxo Carro. E aí, nese preciso instante, Peyberns, de cabeza, sentenciou a segunda vitoria do CD Lugo nesta Liga Smart Bank.

Conclusión? O carnet albivermello non é apto para cardíacos, porque o sufrimento ven no abono.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?