Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

...nunca fun a unha illa coruñesa

A Coruña

Esta semana soubemos que o grupo municipal da Marea Atlántica na Coruña reclama á Xunta de Galicia que declare as illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local de forma definitiva. A cousa é, alguén sabe como se chaman esas illas?

Pois, polo visto, según San Google Maps esas tres illas que se ven polo paseo que vai por detrás do Monte de San Pedro son Aguión, Vandaval e a Illa do Pé. Que, chamoume a atención porque, indo até onde está o Aquarium Finisterrae temos outra Illa do Pé. Que ben pensado, normal, pés temos dous.

Así que me puxen a mirar que máis illas temos na Coruña; mirando así que máis illas temos está preto da Torre de Hércules a do Boi Grande, que si, que para ser un boi sería grande, pero eu a forma de boi non lla acabo de ver. Está por Bens a Illa redonda, que non é nin illa nin é redonda.

Logo temos as illas invisibles, xa indo para Arteixo, que vir no mapa veñen, pero que ver… Por exemplo estarían as Illas As Maceiras ou a Gaianda. Se imos ao norte de Mera temos a A Marola e a O Marolete.

A cousa é, deberíamos preocuparnos destas illas? Tendo en conta que de tamaño son por aí máis ou menos como a de Perejil e o tifostio que se montou con esta… aínda que claro, nun caso a illa estaba preto de Marrocos e no outro… do Portiño, que tamén ten o seu aquel.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00