Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 05 de Abril de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | EN DIRECTO CORONAVIRUS | EN DIRECTO Las últimas noticias sobre el coronavirus en el mundo
Ponteceso

O alcalde négase a dar explicacións sobre o tema da auga no pleno extraordinario

O alcalde négase a dar explicacións sobre o tema da auga no pleno extraordinario: O alcalde négase a dar explicacións sobre o tema da auga no pleno extraordinario

Concello de Ponteceso

Xusto un mes despois de aquel 23 de setembro no que comezaba a crise da auga en Corme, a repercusión do asunto segue a xerar debate entre políticos e veciños. Por iso, a decisión do alcalde de non incluir as preguntas que pedían explicacións na orde do día dun pleno extraordinario celebrado únicamente por ese motivo, está a causar moito malestar na oposición.

O goberno, xustifica que toda a información referente ao problema e as explicacións pertinentes están nun informe que se encontra a disposición de quen queira consultalo. Lois Carballido explicou en #H14Nordés, que a razón pola que non respondeu as preguntas foi que non aportaban ningunha solución nin nada polo estilo.

Mentres, dende o PP, Daniel García Cotelo recriminou o modo de actuación do alcalde, destacando que "Os máis de 300 afectados pola crise do auga en Corme merecen unha explicación do alcalde". Ademais, ameazou coa posibilidade de levar o tema á xustiza.

Algo moi parecido ao que advertiu José Manuel Pose, de APIN: "El mesmo decidiu, así porque si, que había que facer unha votación para incluir unha pregunta no pleno, e como ten maioría pois funcionoulle. En vez dun pleno, foi un mitin do señor alcalde". Dende os independentes tamén comentaron a posibilidade de levar o tema a xustiza.

Mais tarde, no segundo pleno do día, si que houbo o goberno si que contou co apoio de APIN para un traballo de reforma no servizo da auga. E este xoves, Carballido reunirase ca Asociación de Veciños.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?