Ocio y cultura
TURISMO DEPORTIVO

Expertos de España e Portugal debatirán no 1º Congreso Ibérico de turismo deportivo

O 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo, celebrarase en Expourense os vindeiros 14 e 15 de novembro

O congreso desenvolverase paralelamente á terceira edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo / Ramsex

Ourense

O congreso co-organizado pola Deputación de Ourense a Xunta de Galicia e Expourense, contará cunha vintena de expertos, de España e Portugal, que presentarán ao turismo deportivo como unha ferramenta de desenvolvemento e diferenciación dos destinos turísticos, e vai dirixido a profesionais do sector do deporte e o turismo, así como a alumnado e profesores de ensino deportivo e administracións públicas con competencia en deporte e turismo.

O congreso desenvolverase paralelamente á terceira edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo.

Os temas que centrarán o debate no congreso refírense á análise das sinerxias entre turismo e deporte e as oportunidades económicas que xeran, e tamén aos efectos que producen estas actividades na dinamización das zonas rurais, un programa que se divide en cinco eixes temáticos: políticas públicas, turismo activo e náutico, eventos deportivos, desenvolvemento de destinos e simbiose entre deporte e turismo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00