Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 13 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Investigación aberta nos comedores escolares de Pontevedra e Marín

A FANPA, que xestiona 17 comedores escolares en Pontevedra e Marín, pide tranquilidade coa investigación aberta por unha intoxicación

Onte activouse o protocolo ó detectar reaccións alérxicas no 3% dos nenos. A empresa Arume, que é a adxudicataria do servizo, tamén encargou unha auditoría. Todo apunta á palometa, un peixe que en moitos colexios non chegou a servirse. Foi na primeira das quendas, cos maís cativos, cando se decataron dun proceso alérxico.

Ó tratarse de histaminose, os rapaces sufriron fundamentalmente picores e o seu pel tornouse máis vermello. A histamina, pode producir tamén mareos, sabor metálico náuseas e dór de testa. No caso de onte, a reacción foi rápida, para a segunda quenda retirouse a castañeta e serviuse parrulo. Considerouse que o peixe podería ser a orixe. Tendo en conta que a semana pasada foi na zona de O Morrazo onde se detectou un problema semellante en Escolas Infantís da Galiña Azul. Dende a FANPA alertaron a nais de pais do cambio no menú. E aclara ademáis o presidente, Rogelio Carballa, que non son nin as mesma empresas, nin os mesmos proveedores que no Morrazo. Ten claro que o problema ven dun eslavón máis alto.

Ó igual que os casos de O Morrazo, e outro en A Coruña, a Consellería está a investigar a contaminación que nestas últimas horas se producía nos centros de Marín e Pontevedra. Hai que averiguar onde estivo o fallo, cando todo alimento que chega ós comedores escolares pasa unha criba sanitaria.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?