Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 20 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Christian Díaz: "No es plato de buen gusto que te silben en casa"

Escoita a entrevista que o xogador concede ó SER Deportivos trala derrota ante o Cáceres

Christián Díaz xogador do CB Breogán /

Cando as cousas non van ben o doado é baixarse do barco. Pero cando as cousas non van ben, e tampouco logra verse un ápice de mellora, a paciencia escasea. O CB Breogán está inmerso nunha mala xeira da cal a afección comeza a cansarse. Como no día a día, coma na casa, cando as cousas non van ben contra quen explota é contra quen menos o merece. E isto pasou no Pazo Universitario dos Deportes.

Ante a escabechina que o Cáceres estaba a facer no fortin celeste, as gorzas breoganistas deixaban de apoiar ó equipo e comezaron a pedir resposabilidades. Asubios dende as gradas, berros de desesperación sumados a que sobre a cancha as cousas non saían levaron a Christian Díaz a erguer os brazos e revolverse.

"Al acabar el partido quise pedir perdón a la afición porque vi que había quien me malinterpretó. Hice un gesto de rabia, de desesperación cuando ves que las cosas no salen. Nunca reprocharía nada a la afición de Lugo que es donde más agusto he estado", reflexionaba o canario.

Con todo, asegura que"no es plato de buen gusto" que asubíen ó equipo na súa propia casa, mais recoñece que as cousas "no estaban saliendo y nos lo merecíamos". Fala dende a experiencia e está convencido de que cando todos os seus compeñiros pasen foll,a e sexan capaces de amosarse coma son todo sairá. "Yo el año apsado lo pasé muy mal, no tuve un buen momento personal, y vestir esta camiseta es toda una responsabilidad. Entiendo por eso a alguno de mis compañeros, y cuando juguemos de la misma forma que entrenemos esto cambiará". 

Non nega as feblezas, a mala defensa é a principal erro a corrixir, "no puede ser que el breogán encaje más de 80 puntos por partido". Con todo, pide calma. Tranquilidade porque isot é unha carreira de fondo que non está máis que arrincando. 

Dalle ó play!

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?