Os afectados polo parque eólico de Corme acusan a Industria de coacción
Xa hai máis de un mes que as veciñas e os veciños de Corme se queixaran á Xunta de Galicia por uns pechamentos que a empresa encargada do Parque eólico fixera nas súas fincas sen o seu permiso. Agora, ademais de non solucionar iso, a Dirección Xeral de Industria non responde as alegacións feitas no periodo temporal dedicado exclusivamente a iso.
Por iso, os afectados e as afectadas veñen de denunciar á Guerra Civil a coacción que creen que se lles está levando a cabo dende a Dirección Xeral. O motivo para creer en iso, é a falta de resposta do ente autonómico ante varias dúbidas dos afectados polo parque eólico, sobre todo, en canto a expropiación das súas terras, cando xa tiñan contratos firmados.
Por outra parte, como mencionaba anteriormente, a administración segue sen resolver o problema do peche ilegal nunha das zonas que se van a ver afectadas por esas novas instalacións no parque eólico. Ramón Dourado, membro da asociación de veciños Eduardo Pondal, advirte de que hai moitos lugares nos que o peche xa está feito de forma correcta, pero o que seguen sen ter solución é o máis grave, porque son máis de 300 metros rodeados a base de paos de ferro e plásticos. Polo que se sinte discriminado, "Se un veciño fixera iso nunha finca, gustaríame ver o problema medioambiental que tería...", comenta.
Haberá que ver se chegan esas respostas, pero, por agora, e tras presentar as alegacións no prazo disponible, non obtiveron máis que a notificación de que se vai a proceder á instalación do parque.