Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 20 de Noviembre de 2019

Otras localidades

O CD Lugo vence ó Rayo Vallecano (1-0)

Os albivermellos saen do descenso grazas a un atinado Herrera

O vestiario albivemello celebra a vitoria /

"El fútbol es injusto y muy hijo de puta". Con estas verbas arrancaba a rolda de prensa post-partido de Paco Jémenz tras caer pola mínina no Anxo Carro. O certo é que o CD Lugo tivo o seu anxo da garda velando dende o arrinque do partido. O 1-0 que se colocaba no marcador ás beiras do rio Miño deixa ós lucenses na décimo quinta posición da táboa clasificatorie e a Eloy Jiménez en pé.

Tarde chuviosa e gris. A que ven por defecto neste meses de outono en Lugo. As nubes non marchaban, pero o ceo comezaba abrirse para os locais con ocasións para un Yanis que se revolvía con cada balón que roubaba e un capitán que tentaba a sorte dende fora da área. Pero o Rayo dominaba. Embarba perdía a oportunidade máis clara para o conxunto visitante fallando un penalti que Ander Cantero non permitía entrar parándoa co pé. 

O Anxo Carro aplaudia, animaba e cantaba para que os seus rendabilizaran a ocasión perdida dos de Paco Jémez, pero os lucenses non espertaban. Marchaban ó descanso sen movementos no marcador, pero sen deixar sensación de control e seguridade sobre o verde.

No regreso ó terreo de xogo o CD Lugo tirou por baixo as estatísticas e conseguía ver pasar os minutos sen enxcaixar gol. E asi, amosando unha boa solidez defensiva, co debut de Djalo na mesma, os de Eloy Jiménez medraron. Medraron cara o gol.

No minuto 68, un impoluto pase de Yanis permitía que Herrera picara a bola sobre o gardamallas visitante e selar a terceira vitoria do CD Lugo no que vai de Liga. Pero houbo que sufrir. O Rayo non quería marchar cas máns baleiras e a sorte, deste vez, púxose do lado dos locais. Xa no desconto, os de Paco Jémez acumulaban chegadas e oportunidades, a máis clara, un balón que mandaba Andrés Martín o interior do poste. 

En resumo, unha vitoria que os deixa fora dos postos da queima e con Eloy durmindo ós mandos do banco unha semana máis. "Me alegro por los chicos. Es un muy buen resultado, pero hay que concienciarse de que esta liga es dura y de que hoy estaremos fuera, otra semana dentro del peligro...y el que crea que no está muy equivocado", sentenciaba Jiménez.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?