A Laracha estrea unha innovadora biblioteca e un moderno PAC
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou hoxe o CEIP de Caión (A Laracha), onde docentes e alumnado lle presentaron as melloras realizadas o pasado curso na biblioteca do centro, ao abeiro da súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
A conselleira felicitou a comunidade educativa pola súa implicación no crecemento deste espazo, que representa o corazón dos centros de ensino. Pomar percorreu as instalacións do CEIP que se incorporou tamén o pasado ano ao proxecto de libro dixital E-Dixgal, a través do que o alumnado de 5º e 6º de Primaria emprega libros dixitais gratuítos para as familias. Así mesmo, a nova biblioteca foi diseñada cun enfoque inclusivo con atención aos espazos e aos recursos para unha correcta atención aos nenos e nenas con diversidade funcional.
Novo Punto de Atención Continuada
Dende as 15:00 de este martes 5 de novembro, xa está en marcha o novo PAC larachés. Co obxectivo de cubrir mellor as necesidades da veciñanza, creouse este espazo independente do centro de saúde que ten unha superficie de 613 metros cadrados, e que beneficiará a máis de 16.000 habitantes.
O edificio, no que a Xunta investiu máis de 1.100.000 de euros, conta cunha sala de reanimación e observación, dúas de consulta xeral, unha de enfermería e outra máis polivalente. Ademais conta tamén con un posto de recepción e con salas de descanso e dormitorios para que os profesionais de garda descansen.