Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Malpica de Bergantiños

A Xunta envía outra mestra ao Milladoiro para que os alumnos volvan a clase

Concello de Malpica

De forma urxente, así decidiu tomar esta medida a Consellería de Educación para tratar de normalizar a complicada situación que se levaba vivindo dende principio de curso na clase de terceiro de primaria do centro malpicán.

A nova mestra chegou esta semana para sustituír a causante de que dezasete dos dezaoito alumnos do aula, se quedasen en casa polo medo dos pais ante o abandono de funcións que lle denunciaban a docente, que chegara este ano ao colexio procedente de Santiago.

En concreto, dende a ANPA, lle culpan de non tomar medidas disciplinarias acorde a idade dos alumnos que é entre 8 e 9 anos, polo que as pelexas entre eles eran máis que recurrentes. Aínda así, polo de agora non foi apartada e segue adscrita á escola, onde levará a cabo as tarefas que se lle asignen dende a dirección.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00