Nordés Deportivos
Deportes
Universo Calvo

O Calvo Xiria ten potencial para gañar aos mellores da Liga Nacional

Universo Calvo

Esta semana, no Universo Calvo, quixémonos centrar no equipo sénior masculino da Escola de Balonmán Xiria. Para iso, charlamos co delegado Manuel Anxo e co xogador Adrián Losón, que chegou a Carballo este ano despois de toda a súa vida xogando no Embutidos Lalinense.

Precisamente en Lalín, vén o Xiria de conseguir esta fin de semana unha gran victoria ante o líder invicto da Liga Nacional, que serveu ademais para poñer fin a unha mala xeira de resultados.