Elecciones 23 de julio

Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Actualidad
Eu nunca...

...participei nun debate

A Coruña

Ola que tal, eu nunca participei nun debate, pero visto como está o nivel igual me animo. Refírome ao deste luns, que eu creo que realmente non se atenderon ás preocupacións da xente.

Preguntaba Pablo Casado a Pedro Sánchez se Cataluña é unha nación, pero creo que o debate na rúa está mais en se 8 croquetas son unha ración. Porque que me expliquen a min se hai 3 nunha tapa, e 8 nunha ración, porque me custa o triple unha ración que unha tapa. Pido unha Ley de regulación das tapas e das racións.

Noutro intre do debate Rivera afeáballe a Abascal o tema dos chiringuitos, o líder de Vox estivo uns 4 anos nun deles e agora quere quitalos; que igual podería ter maior capacidade de reacción. Que é como se me dis que a saga Crepúsculo é maliña tras ver a cuarta película; igual desde a primeira xa podes ilo cheirando. En calqueira caso, non coñezo a ninguén que lle pagasen 83.000 euros anuais por ir a ver Crepúsculo.

E se falo do debate non me podo deixar ao noso Doraemon particular: Riveremon. Sacou carteliños con pantallazos de Tuiter, con cifras de "impostos da corrupción do bipartidismo", desplegables que parecían o póster da Bravo ou da Superpop... pero o seu éxito foi un anaco de adoquín da beirarrúa de Barcelona, o que vén sendo un croio. Un croio que se pode atopar en Amazon polo módico prezo de 30 euros e que logo xa podes rompelo e levalo a un debate tranquilamente.

Como xa se fixeron todos os chistes posibles sobre o croio o que vou facer é darlle ideas a Rivera sobre que máis cousas levar ao debate. Se falan de pensións, levar un porquiño-hucha. Se falan do bloqueo institucional, pois un muro, enteiro, non só adoquíns. Que se pide renovación política, un sinal de ceda o paso "ceda o paso á nova política". E se falan de Galicia... igual é moito imaxinar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00