Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Laxe

Atrapado un carballés mentres traficaba con heroína e cocaína no seu coche

Garda Civil

A Garda Civil de Laxe detivo este martes a un individuo mentres traficaba no seu coche con heroína e cocaína. O home, veciño de O Sisto (Carballo), tiña máis de 700 euros en metálico xunto a 26 dosis de heroína e 18 de cocaína.

Os feitos ocorreron cando a patrulla descubriu un vehículo estacionado nunha zona non autorizada na entrada da localidade. Os axentes observaron que o conductor estaba entregándolle un pequeno envoltorio a outra persoa que se encontraba apoiada na ventá do acompañante. Cando o conductor viu aos gardas, intentou esconder algún obxecto debaixo do seu asento. Por iso, lle mandaron baixar do turismo para poder inspeccionalo.

Atoparon un monedero de cor marrón e unha billetera negra. No interior das dúas pertenencias, había 26 dosis de heroína, 18 de cocaína e 730 euros en metálico. Finalmente, o detido, xunto as sustancias incautadas e as actuacións realizadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrucción de guardia de Carballo.

Un novo detido por tráfico de drogas

Ademais, este mércores, os axentes da Garda Civil detiveron en Carballo a un veciño por un suposto delito de sanidade pública. A patrulla encontrábase no Monte do Carme cando pararon ao vehículo e lle pediron a documentación ao conductor. Cando a comprobaron, observaron sobre o asento do copiloto unha caixa metálica que lle solicitaron que abrise.

No seu interior atoparon unha sustancia resinosa de cor marrón, a que identificaron supostamente como hachís. Por iso, procederon ao rexistro do vehículo e debaixo do asneto encontraron unha bolsa de pel na que había varios envoltorios con hachís e outros con marihuana, ademáis de 337 euros en metálico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00