Sociedad
O tempo

Alerta vermella en todo o litoral con ondas de ata 8 metros de altura

A fronte fría asociada a unha borrasca pasará esta noite por Galicia deixando fortes choivas, vento, ondas de ata 8 metros de altura e neve a partir de 1.200 metros

Cadena SER

Pontevedra

Trátase dunha borrasca non moi profunda pero que vai deixar chuvascos de forte intensidade en toda a Comunidade na noite de hoxe e todo o xoves. Ademáis virá acompañada de fortes rachas de vento, descenso de temperaturas e con probabilidade de nevadas en puntos superiores aos 1.200 metros de altura de Lugo e Ourense pola noite, que descenderán ata os 800 metros no día de mañá.

Meteogalicia mantén para o xoves a alerta laranxa en todo o litoral pola chegada de ondas de entre 4 e 6 metros. Unha alerta que será vermella en A Coruña a partir das 9:00 horas e en Pontevedra a partir do mediodía, con ondas que poderán superar os 8 metros de altura.

Polo de agora, desde Meteogalicia non lle poñen nome á borrasca, xa que para iso sería preciso decretar a alerta laranxa en tera, feito que ainda non ocorreu. Ana Lage remarcou que hai que agardar á evolución da fronte para ver se finalmente se activa a alerta laranxa en terra, momento no que sí se podería falar da borrasca Cecilia. De ser así, a vindeira borrasca chamaríase Daniel.

O 112 Galicia alerta, ante esta situción, do risco de desbordamentos en varos ríos de Galicia entre eles o Ulla, o Umia, o Lérez, o Verdugo e o Oitavén.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00