Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 06 de Diciembre de 2019

Otras localidades

... fun reporteiro na neve

Estamos achegándonos a fin de ano e chega un dos momentos máis agardados: os anuncios de perfume? a mensaxe do rei con cambios de plano tolos? ese momento no que o teu cuñado saca o tema de Cataluña na Noiteboa? Non, refírome aos reporteiros na neve.

Esta mañá dábase un dos pistoletazos de saída a esta tempada de reporteiros cazadores de folerpas en Las mañanas de TVE. María Casado daba paso a este carrusel en plan: "E agora mandamos a unha xornalista canaria ao medio do monte a que pase frío, como estás compañeira?", "Pues aquí hace fresco" respondeu causando risadas desde o plató. Aos tres minutos xa a tiñamos facendo o anxo na neve.

Xente, isto é bulling, paren isto, "Free the winter reporter", é unha cousa que non ten outra única función que meterse co xornalista de turno, xeralmente primeirizo. Porque para dicir, que hai neve ou vai frío, igual non facía falla ter a un reporteiro ou reporteira e a un cámara 2 horas alí papando frío, que ves que entre que comeza e remata o programa está a non sei cantos graos menos, graos de colorimetría refírome, cara o azul. Non fai falla. É como se para saber que un partido é de extrema dereita houbese que esperar a que tivese 53 diputados para escandalizarse, pois tampouco facía falla.

En fin, que a única outra razón pola que se me ocorre que estea sucedendo isto é que sexa unha campaña promocional de Frozen 2, pero a verdade é que se están pasando un chisco.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?