Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CB breogan

Tito Díaz: "Que as cousas vaian ben ou mal non dependen dunha única persoa"

O Director Xeral da entidade fai un chamamento á tranquilidade, pide "pechar feridas" e non "facelas máis grandes"

Tito Díaz no Pazo / EFE

Tito Díaz no Pazo

Lugo

Que a realidade do CB Breogán na LEB Oro non é a que a todos os afeccionados lle gustaría ver é evidente. A irregulariedade sobre a cancha, a febleza da defensa e os erros no atino están a penalizar demasiado ós celestes.

Tras a segunda derrota consecutiva no Pazo, a afección celeste comeza a buscar culpables. É o momento de buscar nomes propios? Tito Díaz, Director Xeral da entidade breoganista resposta.

"Creo que é momento de lanzar unha mensaxe de tranquilidade. O equipo está sendo irregular, dan unha boa imaxe en Granada e na casa perden ante do Delteco, pero aínda está comezando a liga", reflexiona Tito Díaz.

No remate do partido ante o Delteco Gipuzkoa, foron varios afecionados os que por redes, en especial Twitter, pedían a dimisión do Director Deportivo e Xeral."Penso que a realidade dun clube non só reside nos éxitos deportivos, son fundamentais, pero hai máis cousas. O clube é solvente, os patrocinadores nos apoian, temos 4.000 aboados, estructuralmente estamos ben... Temos moitos motivos para estar contentos do que estamos a facer. Se todo fora ben sería so grazas a min? Non, de todos: Xogadores, adestrador, afección... "

Asegura estar a traballar a fondo en arranxar os contratempos que poidan surxir ó longo da competición centrándose, principalmente, nas lesións."O clube respostou rápido para cubrir a baixa de Nogués, e agora se se confirma a baixa de Thomas, evidetemente, traeremos outro xogador. Estamos tendo mala sorte".

Por iso, e sendo consciente da realidade depotiva que atravesa o clube celeste, Tito Diaz pídelle a afección que "peche feridas" e "non as faga máis grandes". Non quedes coas ganas e escoita a entrevista completa que o Director Xeral concedeu ós micrófonos do SER Deportivos. Dalle ó play!

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tito Díaz

00:00:0000:06
Descargar

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir