Sociedad
XADREZ

O Xadrez, protagonista no Salón do Deporte Galego en Expourense

Éxito dos axedrecistas ourensáns, no Salón do Deporte Galego en Expourense

O Xadrez foi o gran protagonista no Salón do Deporte Galego, Sportur Galicia 2019, en Expourense / Alfil y Caballo

O sábado 16 de novembro tivo lugar en Expourense a XI edición do tradicional festival de xadrez para mozos que leva o nome do recinto de feiras e exposicións de Ourense, e que por segundo ano consecutivo formou parte do programa de actividades de Sportur Galicia,(salón galego do deporte).

Numerosos xadrecistas de entre 5 e 14 anos de idade,representantes de varios clubs da provincia e tamén doutras provincias galegas déronse cita nesta edición 2019, superando con creces o centenar de mozos participantes.

En categoría Sub-8, a máis participativa, hai que salientar a victoria de Antón Lorenzo Mosquera (Club Xadrez Ourense), que con 5.5 puntos foi quén de superar a complicados rivais, como a pontevedresa Noa Freiría de finalmente, rematou subcampiona, (Xadrez Marín).

En Alevíns (Sub-12) os irmáns Diéguez Nóvoa depararon unha intensa batalla polo ouro, e finalmente foi Pura Diéguez Nóvoa (Xadrez Benchoshey) quen con 6 puntos, se proclamou vencedora.

Na categoría Sub-14 (Infantiles), Iván Dopazo Vázquez e Laura Gómez Carreño ( ambos compañeiros no Club Xadrez Ourense), foron vencedores ex aequo, xa que ambos completaron a misma puntuación (5.5 puntos) e ademáis tiveron idénticos os 3 coeficientes de desempate. Finalmente e no medio de gran expetación, fíxose un desempate ´´ olímpico´´ nunha partida ´´ Ióstrego´´ que decidiu que o trofeo do campión fose parar a mans de Iván e o subcampión á mans de Laura, si ben ambos repartiron loureiros de triunfadores.

Por Clubs, o Club Deportivo Xadrez Ourense foi o máis galardonado xa que obtivo ata 12 premios de entre os 20 postos de honra, (entre eles 3 ouros), o Benchoshey conquistou 5 premios(1 ouro), e as seguintes entidades colleitaron 1 podio, Universitario de Ourense, Xadrez Marín de Pontevedra e Inmaculada de Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00