Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
Running

Como preparar a Lugo Monumental

Cris Azanza afrécenos as chaves para correr a proba popular de 10 km

Adestra en asfalto / CANVA

Adestra en asfalto

Lugo

Canto tempo levas preparando a carriera popular máis significtiva de Lugo? A resposta variará segundo cada quen, pero no que todos e todas coincidiredes é en querer sacar a cada gota de suor o máximo rendemento. Para iso hai que subliñar a importancia dos adestramentos previos á carreira.

A Lugo Monumental está a volta esquina, o 15 de decembro chega a proba de lume a que moitos e moitas lucenses están a agardar. O máis importante é ter un bo prantexamento da carreira. Tomando un café, antes de meterte na cama ou na mereda. Cando mello che acaia, estructura  a carreira mentalmente. O treito final é o máis complicado, as subidas pola Muralla han rascar, asi que pensa en ir de menos a máis.


Por moito que queiras apurar o ralentizar as agullas do reloxo sinto comunicarche que non has cambiala marcha do tempo. O traballo que non realizaras até de agora non o vas facer en menos dun mes. Por iso, o importante é estar tranquilos. Opta polo descanso mesturano con pequenos toques de activación. Pensa en rodar trinta minutos e rematar o adestramento con traballa en costas ou un rodaxe curto intercalando cambios de ritmos... En resumo, pequenos chispazos que manteñan o corpo esperto, pero sen saturalo.

A Lugo Monumental percorre parte do casco histórico da cidade, mestura asfalto coa terra da Muralla Romana, subidas e baixadas. Un espectáculo único. Por iso, por ser único non queiras adiantarte, deixa que a carreira te sorprenda e evita adestrar polo propio percorrido. Psocolóxicamente poder afcetar negativamente se o atlete non se de con fluidez á hora de realizala proba. Non sexas o teu propio inimigo.

Por outra banda, é bo traballar sobre asfalto e terra. Acostumbrar ó corpo a ese terreo co que se terá que ver ás caras e non deixar para a proba esa primeira toma de contacto.

Ainda non te inscribiches? A que agardas? Se estás preparado ou preparada non busques excusas. O prazo non remata até o martes 10 de decembro. E se quedas con dúbidas, escoita a sección completa de Running con Cris Azanza.

Dalle ó play!

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Consellos para preparar a Lugo Monumental

00:00:0000:06
Descargar

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir