Viernes, 30 de Julio de 2021

Otras localidades

Atletismo

Ana Peleteiro reclama máis investimentos no atletismo galego

A saltadora, que prepara a súa participación nos Xogos de Tokio, reclama ás administracións diñeiro para que os atletas non teñan que marcharse de Galicia

Ana Peleteiro

Ana Peleteiro / Radio Coruña Cadena SER

A galega Ana Peleteiro reclamou este luns na Coruña un maior investimento en instalacións para os atletas galegos. A saltadora de Riveira destaca que esa reclamación fíxolla chegar directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. "Eu díxenlle a Feijoo que se quería máis Anas Peleteiro hai que darlle boas instalacións. Eu saín adestrando á choiva, pero non todos os nenos poden porque morren de frio", destaca. As constantes choivas de Galicia supoñen que os atletas máis novos teñan que convivir coa choiva, e as instalacións non están preparadas para iso.

"As instalacións en Galicia hai que melloralas. Chove moito e non hai condicións para adestrar. En Riveira, eu estiven estes días adestrando nun garaxe de 5x5", denuncia. Peleteiro, ademais, sostén que non mantén contacto coa xente do atletismo en Galicia porque no seu momento, déronlle as costas. Aínda que admite que ten ganas de ver aos pequenos atletas galegos de modo incógnito para saber cales son os problemas que teñen e poder gozar da esencia do deporte que tanto lle gusta.

O soño de Tokio

Ana Peleteiro ten a cita olímpica de Tokio no horizonte. O próximo verán pretende cumprir un soño por que leva traballando toda a súa vida. "Espero que sexan os meus primeiros Xogos. E en Tokio, aínda faime máis ilusión. Xapón é o país máis perfeccionista do mundo e creo que vai ser unha pasada", sostén nunha conversación #ante os medios de comunicación na Facultade de INEF da Coruña.

Para ela, a clave do éxito neste deporte está na súa capacidade para o esforzo e a entrega que ela poida ter. Por iso prepárase física e mentalmente para iso. "Este ano teño que esforzarme e traballar máis que nunca. Estou preparada para ter esa capacidade de traballo que é o que custa máis", asegura. Sobre as súas pretensións en Tokio, Peleteiro asegura que son moi ambiciosas. "Véxome adestrando moi duro, teño expectativas moi altas e soños que teño que cumprir". Antes de Tokio, Peleteiro quere acudir ao Nacional de pista cuberta en Ourense onde quere "emocionalos a todos" e o Mundial de Pista Cuberta en China en marzo.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?