Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad
A Costa da Morte

Rodeiro: "As obras da autovía Baio-Berdoias teñen que comezar en 2021"

Vivindo a Costa da Morte (22/11/2019)

Vivindo a Costa da Morte (22/11/2019)

37:34

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1574444385_649678/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O delegado provincial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitou o pasado venres A Cancela de Radio Nordés, e falou das actuacións que o ente autonómico ten preparadas para a Costa da Morte. A súa visita chegou ademais nun día no que se fixo evidente o precario suministro de electricidade e de auga co que conta a zona. "No fluído eléctrico se mellorou, pero é aínda máis mellorable, por iso dende a Xunta instamos ás eléctricas para que teñan un mantemento óptimo da rede e contamos co réxime sancionador" comentou Rodeiro.

En canto a infraestruturas, se hai unha especialmente demandada, esa é a ampliación da autovía dende Baio a Berdoias, unha obra que se leva xa varios anos esperando. O delegado provincial resaltou que para o ano debe estar rematado o proxecto e os trámites de licitación, para que no 2021 comecen as obras. Ademais de defender as bonificacións das peaxes, como as que instaladas pola Xunta dende o pasado outubro.

O que tamén quixo destacar foi o Modus Operandi do goberno galego en canto aos servizos sociais, unha materia que cree imprescindible para que unha sociedade crezca. "Estase facendo unha labor social moi importante, sobre todo para as persoas maiores", dixo. A pregunta máis esperada sobre este tema, a relativa aos poucos centros de día que existen na bisbarra, non tardou en chegar: "Se vostede fai unha consulta para ver cantos usuarios habería de centro de día nesta comarca, levaríase unha sorpresa, porque a nosa xente quere envellecer no seu domicilio", contestou Ovidio Rodeiro, ademais de facer referencia despois ao apoio que se lle deu dende a Xunta a algúns concellos que non quixeron seguir adiante co proxecto.

E outro dos temas nos que máis se esperaba a voz dun representante do goberno autonómico, era o de Ferroatlántica, polo que aínda non se deron explicacións de porque non se lle esixiu a nova propietaria un plan de viabilidade. Rodeiro defendeu a postura da Xunta, unha postura "que sempre foi moi clara e en unidade cos traballadores".


Ademais falou sobre as iniciativas para potenciar o turismo, os obradoiros de emprego...

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00