Más deportes | Deportes
FÚTBOL

Asemblea xeral extraordinaria da Unión Deportiva Ourense

O xoves día 5 de decembro, ás 19:45 horas en primera convocatoria e ás 20:15 horas en segunda no salón de actos do edificio administractivo da Xunta de Galicia en Ourense(casa de chocolate), asemblea xeral extraordinaria

Asemblea Xeral Extraordinaria da Unión Deportiva Ourense / Yedra Seara

Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o día 5 de decembro de 2019, ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense(casa de chocolate) na avenida da Habana, 79, Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios.

Orden Do Día:

1- Explicación por parte do Presidente, José Ramón Dacosta González, dos feitos acontecidos o pasado domingo, 24.11.19, ao rematar o partido entre a U.D. Ourense e a S.D. Somozas no Estadio do Couto e medidas a tomar ao respecto.

2- Ratificación por parte da Asemblea do Presidente e da Xunta Directiva.

3- Rolda libre de intervencións.

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturaís de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gamail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da cota social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Por último, recordar  que un  socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00