Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
Ponteceso

As axudas da Xunta enfrontan ao PSOE coa oposición tras o último pleno

Concello de Ponteceso

A crise de auga de Corme aínda segue crispando o ambiente en Ponteceso. E máis, cando a primeira hora da mañá deste mércores, a Garda Civil daba a coñecer que está investigando a cinco persoas como presuntas culpables dun delito contra a saúde pública e outro delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.

As primeiras pesquisas falan de neglixencia da concesionaria e conducen, tamén, a unha granxa de porcos que hai próxima a estación de bombeo na que se localizou o principal problema de mestura de residuos que terminou con esa gastroenterite masiva. O alcalde, Lois García Carballido, no Vivindo a Costa da Morte, non quixo sinalar a ninguén como culpable, pero si deu conta deses novos informes que cambian por completo o que se creía dende que todo sucedera.

A quen si sinalou foi a oposición, por non darlle o apoio necesario no último pleno para que a Xunta de Galicia invista case 5 millóns de euros no concello. "É unha pena que a oposición en vez de poñerse do lado dos veciños, prefira defender a bandeira do ente autonómico", criticou Carballido.

José Manuel Pose, de APIN, quixo contestar tamén no programa matutino de Radio Nordés e afirmou que se abstiveron porque entende que a petición do alcalde é "berrar por berrar", xa que antes de pedir eses 4'85 millóns de euros, "debe saber xestionar as axudas para obras pequenas que poden mellorar o concello". Ademais, criticou ao rexidor socialista por deixar de recibir preto de 300.000 euros debido ao rexeite por parte do goberno de varias subvencións ou a perda de boa parte do fondo de compensación ambiental.

Daniel García Cotelo, do PP, calificou directamente a proposta de Carballido como un "despropósito". Falou da necesidade de ter prioridades como o centro de día. "Parece que sabe xestionar as axudas coa Diputación pero non coa Xunta, e un bo alcalde debe deixar os colores a un lado e entenderse con todos por igual", advertiu.


 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00