Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 30 de Octubre de 2020

Otras localidades

LA VENTANA LA VENTANA Rozalén presenta su cuarto disco, 'El árbol y el bosque', en la SER
A Costa da Morte

O museo do patrimonio subacuático, un conto de promesas sen continuidade

Na anterior reportaxe falábamos do valor real que tiña o patrimonio subacuático que temos afundidos no litoral da Costa da Morte. Agora que xa sabemos que é moito, repasamos como se aproveita noutros lugares e da posibilidade de facer algo similar na nosa bisbarra.

Cada vez que un pecio se ten que ir para Vigo pola falta de instalacións onde tratalas e expoñelas aquí, son moitas as voces que saen a reclamar as axudas do ente autonómico para levar a cabo unha obra que faría crecer moito o turismo na zona. Pero co paso das semanas, eses berros vanse silenciando e todo volve a ser igual. Así, repetitivamente cada vez que nos "rouban" algúns dos nosos tesouros submarinos.

No Intro desta semana falamos con Guillermo González (xerente do Galp Costa da Morte), José Manuel Pato (delegado da Real Liga Naval Española en Galicia), Xosé Marcote (alcalde de Fisterra e autor dunha proposta colectiva), Sandra Insua (alcaldesa de Camariñas) e Mª Carmen Martínez Ínsua (Directora Xeral da Secretaría de Patrimonio Cultural).

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?