Más deportes | Deportes
ESQUÍ

A Deputación de Ourense amplía as prazas do EsquiOU 2020

En total, 840 prazas para os nacidos desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2011, divididas en oito quendas de 105 persoas por cada unda delas

A presentación desta proposta deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participu o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o director xeral de OCA Manzaneda, Gustavo Samartín. / Deputación Provincial de Ourense

A presentación desta proposta deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participu o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o director xeral de OCA Manzaneda, Gustavo Samartín.

Ourense

A Deputación de Ourense, en colaboración con OCA Manzaneda pon en marcha unha nova edición da iniciativa deportiva ´´ EsquiOU 2020´´ que nesta ocasión oferta 840 prazas, para os nacidos desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2011, divididas en oito quendas de 105 persoas por cada unha delas. A presentación desta proposta deportiva tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o director xeral de OCA Manzaneda, Gustavo Samartín.

A duración de esta actividade é de tres días-dúas noites, de luns a mércores, e inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. O programa desenvolverase por quendas nás que se fai un reparto dos nenos por proximidade xeográfica para lograr grupos máis homoxéneos e nos que poden estar participantes que xa se coñecen previamente, facilitando a integración e a convivencia.

A primeira quenda será do 20 ao 22 de xaneiro para as comarcas da Terra de Celanova e Baixa Limia; a segunda quenda, do 27 ao 29 de xaneiro, será para as comarcas de Allariz, Maceda e A Limia; continúa do 3 o 5 de febreiro para as comarcas do Ribeiro e do Carballiño; do 10 ao 12 de febreiro para Verín e Viana;do 17 ao 19 de febreiro para Valdeorras; do 24 ao 26 de febreiro será a primeira quenda para a comarca de Ourense; do 2 ao 4 de marzo para Terra de Caldelas e Terra de Trives, e, por último, do 9 ao 11 de marzo será a segunda quenda para a comarca de Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00