Sociedad
Redes sociales

Nace unha páxina web para sentir "Orgullo Galego"

Despois de tres anos da creación da páxina de Facebook Orgullo Galego, a maior comunidade de galegos na rede, os seus administradores acaban de abrir un espazo web coa intención de ofrecer contidos máis específicos e detallados que poñan en valor a cultura e o patrimonio de Galicia

Nace unha páxina web para sentir "Orgullo Galego"

Nace unha páxina web para sentir "Orgullo Galego"

12:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1575291326_275685/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pontevedra

En Orgullo Galego defínense como "o recuncho das e dos galegos orgullosos do seu. Da súa terra, da súa lingua e do seu pobo; e que con ese orgullo o defenden!", como podemos ler na súa páxina de Facebook.

Estre proxecto, que naceu hai máis de tres anos da man de Anxo e Borxa, dá un paso cara adiante abrindo un espazo web proio, orgullogalego.gal, no que manterán a súa identidade: "Orgullo Galego é unha comunidade de ocio e entretemento para a xente á que lle interesen o noso patrimonio, cultura e lingua", sinalou Anxo en declaracións a Radio Pontevedra.

Os dous administradores recoñecen que crearon Orgullo Galego coa intención de compartir as súas inquedanzas, pero certas publicacións tiveron tanto éxito que foron cambiando pouco a pouco o seu estilo. En menos de tres anos non só superaron amplamente as sús expectativas iniciais, onde o reto era chegar aos dez mil seguidores, senón que superan os 190.000 "gústame" en Facebook e máis de 43.000 en Instagram.

Segundo nos contou Anxo, nunca tiveron en mente gañar cartos con Orgullo Galego, xa que ambos administradores teñen os seus traballos "é por amor ao arte, un pasatempos", sinalou. Ademáis, a única fórmula para recibir ingresos económicos era intercalar anuncios publicitarios nos seus vídeos de Facebook pero, Sorpresa!: a rede social non permite esta opción se os contidos dos vídeos están en Galego. Agora, coa súa nova páxina web manteñen a idea de non facer do proxecto un negocio, pero agardan sacar un rendemento económico mínimo que lles axude a cubrir os gastos do dominio web e o mantemento que a páxina precise.

O contido da páxina web/blog será de mais calidade e profundidade. Tanto en Facebook como en Instagram manterán o tipo de publicacións que veñen sendo habituais. Deste xeito, os administradores pretenden non depender únicamente das Redes Sociais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00